22/07/2026
Non podo xogar a videoxogos. Fíxeno durante máis de 30 anos, un par de horas cada día, pero chegou un momento no que a miña testa dixo: suficiente. Non é que non me gusten os videoxogos, pero a miña cabeza xa non os atura. Cada vez que probo un videoxogo empezo a sudar e a sentirme mal. Non son quen de aprender as mecánicas do xogo, ou a interface ou as teclas. O meu corpo rexeita estar diante dun ordenador xogando. Non sei como explicalo, pero a sensación é de mareo, de nervos, coma se levera dúas horas baixo tremendo sol. Que facer con isto? Pois non pasa nada. A vida segue e hai outras cousas para facer. Gustaríame volver a ser quen de pasar un chuvioso serán de domingo xogando pero, se non podo porque o meu corpo rexéitano, farei outras cosas. Por exemplo, debuxar ou xogar ao xadrez.