05/11/2023

Ocorréuseme un xogo que podería estar ben. Trátase dun “organizador de tráfico”. É decir, por exemplo tes un mapa en 2D onde ao darlle ao Play aparecen coches facendo unha ruta para chegar ao seu destiño. Entón, atascan. Tes que darlle a stop e poñer unhas sinais dadas no sitio correcto para que os coches o respeten e poidan chegar au seu destiño sen atascar e sen chocarse.

A parte mala é que non teño demasiados coñecementos de Godot como para facelo, tería que aprender demasiado e non teño tanto tempo libre. Pero bueno, a idea está ahí, todo é darlle unha volta.

Por outra banda, o día de onte non estivo tan mal. Pasámalo ben coas rapazas nos combates. O pavillón gustoume bastante, creo que é un dos mellores nos que estivemos en tódalas competicións. Falo do pavillón municipal de Pontevedra, ao carón do estadio de Pasarón. É certo que chegamos moi cansos a casa, e demasiado tarde para o meu gusto. Pero pasar o día en familia sempre é ben.

Onte, ao chegar a casa, puiden ver na tele un pouco da final dos Libertadores entre Boca e o Fluminense no que gañaron os brasileiños. Nunca vira unha final deste torneo, así que… podemos decir que Logro Desbloqueado ;)