21/11/2023

Hoxe entregáronme a TV nova e non se me ocorreu mellor serie para estrenala que con “Se ha escrito un crimen” de Jessica Fletcher. 55 pulgadas de TV ver unha serie en 4:3 con resolución de 500 e pico ahaha. O punto é que quizáis a TV sirva para empezar a pasar máis tempo sentado no sofá ao carón da miña dona en vez de sentado na silla do ordenador. Veremos.

Por outra banda, sigo coa nefrostomía e a verdade é que se me está a facer algo pesado esto. Non doe, pero é un coñazo cargar coa bolsa por tódalas partes e sempre teño risco de que se me solte ou lle pase algo á bolsa.

Quero recordar un pouco un resumo do que me pasou as últimas dúas semanas:

  • Estiven ingresado no hospital 8 días.
  • 12 horas en urxencias (foron duras, as peores)
  • Unha operación no ril.
  • Unha nefrostomía (que aínda levo e levarei un par de semanas máis)
  • Rompeuseme a pantalla do mobil.
  • Rompeuseme a TV do salón.
  • Fellecemento do meu cuñado.

Bueno, espero que xa esté ben polo de agora. A verdade é que está sendo un fin de ano duro. Pero hai que tirar adiante. Agora xa estou a traballar de novo xa que pedín a alta voluntaria, así que vendrá moi ben recuperar a rutina pouco a pouco. Sen esquecer a miña irmá, coa que falo todos os días, aos meus pais e por suposto a miña dona. A todos os quero infinito.