28/11/2023

Vale, sei que levo unos cantos días sen actualizar, pero é que na miña vida pasó a cantidade de cero (0) unidades de cousas. Ao final, o que estou a facer e levantarem de cama, traballar, ver a nova TV e durmir. E ollo, que tampouco é cousa doada.

Boto en falta a miña instancia persoal de ActivityPub (Firefish) pero non son quen de recuperala. E ademáis, xa me está a dar toda a pereza do mundo volver a ter o ordenador acendido 24x7, sen SAI e sen backup. Se perdo o tempo recuperándola agora estou seguro de que tarde ou temprano volverá a pasarme o mesmo. Mellor deixalo como está e deixar os servidores os que teñen tempo e recursos para atendelos.

Por outra banda non teño máis novidades. Sigo coa nefrostomía e con pouca paciencia con ela. Aínda non me chamaron para a probar e xa verás como ao final non me chaman ata o último día. Paciencia.