19/12/2023
Levo moitos días sen actualizar pero é que tampouco teño ganas de facelo actualmente. Nos últimos días por fin quitáronme a nefrostomía do todo, así que agora xa ando sen bolsa e sen cables colgando. Aínda teño pendente a retirada dun catéter que teño dentro e que me está a molestar bastante, pero teño que ter paciencia polo menos ata mañá.
Por outra banda, este fin de semana pasada tivemos competición de Taekwondo en Ourense e estivo moi ben, as rapazas fixéronno xenial. Iso si, papamos moito frío. Sobre todo no coche porque a calefacción aínda non lle funciona moi ben.
Agora mesmo estou de vacacións, así que estou a aproveitar para ver algunhas películas e series que tiña pendentes. Onte vin Mission Impossible 1 e xa teño a dúas lista para ver cando poida. Tamén baixeo a primeira tempada de The Wire aínda que non sei se aguantarie para vela. Xa o intentei un par de vaces e nunca fun quen de pasar do primeiro capítulo.
Xa para rematar, non sei se o comentei pero o outro día montamos uns estantes novos na cociña e tamén montamos a TV nova na parede do salón. O da cociña foi case todo ben. Ao final na ferretería recomendáronme uns tacos moito mellores que os que tiña. Paga a pena non ir a mercar cousas destas no chino. Respecto a TV, furei atravesando a parede, pero nada que non teña arranxo. Un pouco de aguaplast e xa quedaron os buratos tapados.