24/12/2023

Non me gusta o nadal. Para min, é a peor época do ano. A min gústame a rutina, facer as mesmas cousas os mesmos días, e o nadal e romper a rutina case cada día. Hoxe é festivo, mañán non, pasado si, agora fin de semana… Unha tolería. Non me sinto ben. Quero os meus horarios, as miñas ceas acougadas a mesma hora, estar durmindo a medianoite… E, ademáis, vai frío.