19/05/2024
E con esta entrada queda inaugurada o meu blogue. Agora xa é o final do día e a verdade é que estou bastante contento con como quedou esta páxina. Entendo que ao ser HTML puro pois é un poco máis complicado tela actualizada, porque é todo picar código e nin tan sequeira uso un editor WYSIWYG. Se alguén sabe dun que sexa bo e de código aberto encantaríame que mo dixera por Mastodon (enlace no footer).
Por outra banda hoxe é domingo e tampouco é que teña moito que contar. Teño pensado ir ao ximansio a partires da semana que ven a ver se melloro un pouco o meu físico, porque estou a piques de chegar a unha idade que en canto mellor entres, máis tardas en caer.