22/09/2024
Onte fun xogar outro torneo de Xadrez na cidade das Burgas. En principio foi o último torneo que xogarei este ano pois a partires de agora xa vou deixar de ter tanto tempo libre para poder ir. O caso é que non me foi tan mal, de feito fixen 3/6 o que está bastante ben. Pode que eu non sexa moi esixente cos puntos que quero, pero tengo en conta o pouco tempo que levo “en serio” e que xogo contra persoas que están en clubs e xogan case tódolos días, pois para min ata o mínimo punto é moi importante. Eu son autodidacta na miña casa, aprendendo a base de proba e error e vendo vídeos en YouTube. De feito, sempre que vou a un torneo penso que todo o que sexa conseguir ao menos un empate está ben.
O que non me gustou moito foi a miña última partida, onde xoguei contra un rapaz e lle fixen unha partida perfecta, unha liña teórica que xamais pensei que se fora a dar na vida real, pero así foi. Dínlle mate en apenas unhas poucas xogadas e o rapaz acabo chorando. Quizáis non chorando do todo pero sí coas mans nos ollos e quedou na mesa un bo rato. Eu sentínme mal por él, porque para él foi unha forma de perder un pouco humillante, e, bueno, intente subirlle os ánimos e decirlle que pensara en positivo: seguro que nunca máis ía volver perder deste xeito. É o malo dos torneos onde xogamos todos contra todos, para os maiores é duro perder contra un rapaz pero para os rapaces tamén pode ser duro se hai moita diferenza de nivel
Pero bueno, pensando en que a vida segue a verdade é que disfrutei moito do torneo e espero ter posibilidades de volver o ano que ben.