La playa de los dragones - Gregg Dunnett
Empecei a ler este libro, que é a cuarta (e de momento, última) entrega da serie “Isla de Lornea”. Os catro libros están, a verdade, bastante ben no sentido de que son doados e rápidos de ler. Quero decir, que non se fan densos. Ademáis, está narrado dende o punto de vista dun rapaz e é moi curioso ver como pensa e como actúa dende a súa perspectiva. Non é a típica actuación dun neno de 16 anos se non de alguén tímido, introvertido e que é fácil sentirse identificado algunhas veces. Sobre todo, as persoas que algunha vez sentímonos fora do noso ambiente cando estamos con máis persoas.
O curioso é que ao chegar máis ou menos ao 70% do libro empeza o capítulo dous e nótase un cambio. Non na historia, se non na edición. Xa nas primeiras páxinas deste capítulo vense erros de edición, correccións que quedaron a medias, palabras soltas, frases que non teñen sentido porque están inacabadas… Nótase que o escritor escribiu unha frase, non lle gustou e cambiouna pero non borrou todas as palabras e quedou media frase antiga e media nova. E esto ocurre cunha frecuencia bastante alta nesta segunda parte, mentres que na primeira parte non hai ningún erro.
Esto chamoume moito a atención porque últimamente teño unha cruzada persoal contra os libros autoeditados precisamente porque estou farto de atoparme con este tipo de erros, así que nas últimas compras xa me fixo que esté públicado por unha editorial e así garantizarme que ten ao menos unha revisión do texto. Entón, a raiz disto fíxeime na editorial de este libro, é “Old Maps Books” e busquei información sobre ela. Con ese nome tan xenérico os resultados do google non son moi concretos, a maioría son páxinas de mapas antigos o cal ten todo o sentido. Porén, as únicas páxinas relacionadas con libros son esta e estoutra e resulta que todos os libros que ten esa editorial ¡son do mesmo autor! Xa deduzco que non é unha editorial persé, se non que o escritor autopublícase a través desta editorial, que en verdade non sei se existe de verdade ou so é un nome que lle pon no libro para que pensemos que está publicado por unha editorial.
En fin, que estos erros non desmerezan a boa serie que é “Isla de Lornea” porque paga a pena, e so por estos erros de edición non son suficientes como para non mercalos..
Si, xa sei… todos cometemos erros ao escribir. Eu mesmo, nesta entrada, seguro que teño un montón, pero esto non o lee ninguén…