O asasinato de Roger Ackroyd - Agatha Christie

Esta semana veño de rematar de ler o libro «O asasinato de Roger Ackroyd» de Agatha Christie (editorial Galaxia) e, como non podería ser doutro xeito, encantoume. O que máis me gusta desta escritora é que sempre da ao lector todos os datos necesarios para que o lector poda facer as súas propias investigacións e intentar resolver o caso polos seus medios. É verdade que esto require ir tomando notas e reler moita historia, pero os datos están ahí. Esto é algo que non me pasa cando lexo a Sherlock Holmes, por exemplo, quen resolve os casos tendo datos que non foron ditos ao lector.

Falando xa propiamente do libro, a verdade é que dende o primeiro momento sospeitei correctamente de quen era o asesino. Non foi difícil porque, case sempre soe ser de quen menos se sospeita, así que directamente sospeitei del.

Por outra banda, o libro se le rápido e é divertido, grazas ao estilo propio da escritora e da simpatía, por decilo dalgún xeito, de Poirot, que é o detective dedicado a este caso.

Os persoaxes teñen cadansúa personalidade propia e é facil distinguilos. Quero decir, pola forma de falar e as palabras que emprega ás veces non é necesario que che digan quen está a falar, pódeser saber. Esto non é fácil de conseguir, se non que lle pregunten a calqueira que esté empezando a escribir un libro con varios personaxes.

Os escenarios son poucos, como soe ser habitual neste tipo de libros. Apenas un par de casas e zonas entre elas. É verdade que ás veces fíxenme un pouco de lío porque os personaxes falan de lugares da casa e da finca que ás veces é un poco complicado de facerse un mapa mental de onde queda cada sitio e como se chega a eles. Porén, creo que nalgunhas versións físicas ven un mapa da mansión principal, pero non foi no meu caso.

Bo libro, rápida lectura, bos personaxes. Coma sempre, un libro obligado se che gusta o misterio e os detectives.

Podes deixar os teus comentarios a esta entrada aquí: https://mastodon.gal/@Hugo/112467171763202866