Se anuncia un asesinato - Agatha Christie

Acabo de leer «Se anuncia un asesinato» e, a verdade, o comezo está moi ben pois o anuncio de que se vai cometer un asasinato é algo que me chama a tención e me xurden dúbidas sobre cómo se fai o anuncio, quen o pon e, sobre todo, cómo é posible que se cometa un asatinato que foi anunciado con antelación. Porén, pronto empezan os meus problemas. O número de personaxes que aparecen é demasiado elevado para a miña cabeza e enseguida pérdome con quén é cada uno. Ás veces está a falar un personaxe que penso que é outro e fágome un lío. Esto quizáis é máis problema meu, pola miña incapacidade de lembrar e separar personaxes, que do libro. Por outra banda, non só están os personaxes que salen na historia se non que tírase moito dos antepasados destos, o que lioume aínda máis.

A historia transcurre paseniña ata que se precipita o final. Coma sempre, tódalas pistas estaban ahí, diante nosa todo o tempo. De feito teño a costume de volver aos inicios do libro para comprobar se o que se di na resolución do caso é certo e… si, os personaxes dixeron moitas cousas durante toda a historia que, se o lector está atento, daríalle pistas sobre que algo está pasando, alguén está a mentir ou alguén non é quen di ser. Penso que se non me fixera tanto lío cos nomes podería ser máis doado para mi averiguar quen foi o asasino.

O número de localizacións é pequeno, o cal axudoume bastante a non perderme, aínda que custoume un pouco ser quen de facerme un mapa mental da casa principal da historia.

En definitiva, non foi un libro que disfrutara demasiado e non creo que o volva a reler.

Podes deixar os teus comentarios a esta entrada aquí: https://mastodon.gal/@Hugo/112546754568224981