Víctor Lukdary - Memorias del Resurgir
Víctor Lukdary é o alcume dun escritor de ciencia ficción que auto publica os seus libros en Amazon. Non sei quen é na realidade, pois non ten páxina personal, blogue nin redes sociais coñecidas. Tan só atopeino no Facebook porén non o actualiza dende hai anos. ¿E por que falo de él? Como podemos ver no seu perfil de Amazon agora mesmo teng 5 libros escritos: catro deles forman parte da saga «Memorias del Resurgir» e un quinto libro chamado «Último tren a casa» que, aínda que non forma parte da saga, está no mesmo universo.
O tema é que, aínda que non son un lector experto, cando empecei a ler esta saga de «Memorias del Resurgir» quedei abraiado. É unha space opera con personaxes con personalidade propia, que evolucionan ao longo da saga. Uns son máis fortes, outros máis débiles, pero todos teñen unha personalidade diferenciada. O que máis me sorprendeu desta saga é que obligoume a usar a miña imaxinación dun xeito que nunca antes ningún libro fíxome usar. Foi como imaxinarse cousas e dentro destas cousas volver a imaxinarse máis todavía.
¿E sobre qué vai a saga? Sen facer espoilers, podo decir que se nos presenta coma a fin da humanidade e da Terra. Os culpables parecen ser uns seres dunha raza alieníxena e temos a un protagonista vengativo que ten que acabar con eles. ¿Qué lle pasará? ¿Logrará o seu obxectivo?
Podo decir sin equivocarme que Víctor Lukdary é agora mesmo uns dos mellores escritores de ciencia ficción en castelán, polo que se che gusta a ciencia ficcion, invítoche a ler «Último tren a casa» e coñecer o seu universe. Se che convence, entón vai por «Renacimiento: Memorias del Resurgir I» e benvido a un universo onde poucas cousas son como parecen.