GTA

15/10/2025

Onte acabeime (por fin) o GTA V e a verdade é que é un xogazo. Paseino moi bem malia que non son moito de xogos de disparos e de matar, pero o toque de humor e o caos que se forman nas misións, ese toque arcade… todo tocoume bastante ben. Ao rematar as misións da historia quedáronme por facer algunhas misións secundarias pero xa non fun quen de rematalas. Hai que saber cando parar ;) Agora estou na procura de outro xogo, sempre queda o Skyrim pero hai que ver outras cousas, co pouco tempo que teño para xogar (e poucas gañas, non son un gran xugón)