Blogue

Este é o meu blogue.

🗓️
02/06/2025

Onte acabeime (por fin) o GTA V e a verdade é que é un xogazo. Paseino moi bem malia que non son moito de xogos de disparos e de matar, pero o toque de humor e o caos que se forman nas misións, ese toque arcade... todo tocoume bastante ben. Ao rematar as misións da historia quedáronme por facer algunhas misións secundarias pero xa non fun quen de rematalas. Hai que saber cando parar ;) Agora estou na procura de outro xogo, sempre queda o Skyrim pero hai que ver outras cousas, co pouco tempo que teño para xogar (e poucas gañas, non son un gran xugón)

#Videoxogos #GTA

🗓️
02/06/2025

Este fin de semana entrei nun Casino por primeira vez aquí na Galiza. Non sei se se lledebería chamar casino a isto, porque máis ben era unha sala coas máquinas de slots, apuestas e unha cafetería. No centro da sala tamén había as típicas mesas da ruleta e do black jack. Ao final gañamos 6 € así que, pos nin tan mal. Teño gañas de ir ao Casino de Vigo o mes que ven, creo que é máis grande e ten máis cousas. O plan sería máis que nada tomar algo nel, algún coctel ou algo así. Por sorte non son moito de apostar nin de xogar ás loterías así que non teño medo de perder demasiados cartos.

#Reflexión #Galiza

🗓️
12/05/2025

Hai uns días saquei unha nova versión de U-la Carmela para itch.io Non a quero meter na Play Store porque aparece o meu enderezo completo e teño que pagar 25 eurazos se quero facer unha nova conta e transferir as miñas aplicacións a ela. Polo tanto, de momento solo está publicitada en itch.io .

Por outar banda, todo segue como sempre. A miña vida é aburrida e non teño moitas novedades así que así van pasando os días. Esta fin de semana estiven a probar un auto host de Ghost, un sistema de blogs, e tamén pusen en liña a miña biblioteca de Calibre de xadrez, pero teño que ter o ordenador encendido para que funcione o que non me mola nada. Xa verei como fago.

Hoxe non traballo de normal porque a miña dona ten unha cita médica e vou a axudala. Porén, estou de guardia así que traballarei na sombra.

#Reflexión #Galiza

🗓️
22/01/2025

Hoxe soñei que a illa de Toralla volvía ser un montón de area asomando por enriba do mar, sen edificios nin chalets, e non se me ocorre un soño máis fermoso.

#Reflexión #Galiza

🗓️
22/12/2024

Este ano gastei un montón de cartos no nadal. Espero que pague a pena.

#Reflexión #Galiza

🗓️
22/09/2024

Onte fun xogar outro torneo de Xadrez na cidade das Burgas. En principio foi o último torneo que xogarei este ano pois a partires de agora xa vou deixar de ter tanto tempo libre para poder ir. O caso é que non me foi tan mal, de feito fixen 3/6 o que está bastante ben. Pode que eu non sexa moi esixente cos puntos que quero, pero tengo en conta o pouco tempo que levo "en serio" e que xogo contra persoas que están en clubs e xogan case tódolos días, pois para min ata o mínimo punto é moi importante. Eu son autodidacta na miña casa, aprendendo a base de proba e error e vendo vídeos en YouTube. De feito, sempre que vou a un torneo penso que todo o que sexa conseguir ao menos un empate está ben.

O que non me gustou moito foi a miña última partida, onde xoguei contra un rapaz e lle fixen unha partida perfecta, unha liña teórica que xamais pensei que se fora a dar na vida real, pero así foi. Dínlle mate en apenas unhas poucas xogadas e o rapaz acabo chorando. Quizáis non chorando do todo pero sí coas mans nos ollos e quedou na mesa un bo rato. Eu sentínme mal por él, porque para él foi unha forma de perder un pouco humillante, e, bueno, intente subirlle os ánimos e decirlle que pensara en positivo: seguro que nunca máis ía volver perder deste xeito. É o malo dos torneos onde xogamos todos contra todos, para os maiores é duro perder contra un rapaz pero para os rapaces tamén pode ser duro se hai moita diferenza de nivel

Pero bueno, pensando en que a vida segue a verdade é que disfrutei moito do torneo e espero ter posibilidades de volver o ano que ben.

#Reflexión #Galiza

🗓️
24/08/2024

Acabáronse as vacacións e aquí seguimos na mesma rutina. Este ano as vacacións, teño que recoñecer, que non me gustaron demasiado. Estivemos nun camping e ao final é facer o mesmo que temos que facer na casa pero noutro lado. Hai que face-la compra, a comida, limpar, ordenar a casa.. bueno un coñazo. Non sentín que desconectara moito. Logo, a semana pasada fumos a un parque acuático en Portugal, o que está máis preto de Vila-Real e está bastante chulo. A verdade é que tivemos sorte porque foi chegar, mercar as entradas e esgotáronse. Se chegamos cinco minutos máis tarde, quedamos sen parque.

Cambiando de tema, vendín o meu coche vello. Tiña xa 26 anos e agora quedei co coche antigo do meu pai, que ten a metade. É unha mágoa non poder mercar un coche novo pero é que están todos carísimos. O meu pai si mercou un novo pero aínda non llo deron. A verdade é que non boto de menos o meu coche antigo, foron moitos anos con él pero xa estaba canso del. Para min, era demasiado grande e tiña que maniobrar moito cada vez que quería aparcado ou facer calquera cousa.

#Reflexión #Galiza

🗓️
10/06/2024

Bueno xa hai varios días que non escribo nada pero en verdade é que non teño nada que contar. Esta fin de semana estivemos en Pontevedra cun torneo de Tae Kwon Do das rapazas e logo tivemos unha pequena festa de cumpreanos porque, para a miña desgracia, sigo cumprindo anos irremediablemente. Non os levo tan mal como pensaba. Creo que o peor foi cando cumprín 40 anos e de súpeto o tempo pareceuse acelerar. Agora xa o levo mellor. É certo que ir ao ximansio estame a axudar porque mentalmente axuda bastante atoparse ben físicamente. Quero decir: se te ves ben físicamente, mentalmente estarás mellor.

Por outra banda, agora mesmo estou a aforrar para mercarme unha x-box. Canto teña todos os cartos reunidos tendréi dúbidas sobre se mercala ou non, é decir, sobre se gastar os cartos aforrados niso, ou se mercar unha playstation ou se gastalos en algo máis productivo. O tema de coller a x-box ven sobre todo para poder reproducir blueray, porque empezo a querer ter películas en formato físico, e tamén para poder xogar ao GTA VI cando salga, que lle teño moitas ganas. De momento, xa teño aforrado case a metade.

#Reflexión #Galiza

🗓️
01/06/2024

Bueno vou escribir algunha entrada máis, antes de que pasen máis días con esto baleiro. En verdade, estos últimos días non pasou nada especial. Sigo traballando, facendo ximnasio e un pouco o de sempre. Estos días tiveron as festas no colexio e hoxe estivemos en Nigrán celebrando un cumpreano. Mañá temos outro.

#Reflexión #Galiza

🗓️
27/05/2024

Pois hoxe por fin reunín un pouco de valentía e afouteza e fun ao ximnasio. Custoume bastante porque sempre é difícil chegar a un sitio onde non coñeces a ninguén, nin cómo é o sitio, mentres que todos os que están ahí xa o coñecen todo e a todos. Estiven un pouco incómodo porque o monitor fíxome unha táboa de exercicios e logo marchou porque acabou o seu turno, e eu non coñecía quen era o monitor que entraba, polo que estiven uns 15 minutos sen facer nada porque non sabía a qué máquinas tiña que ir ni como funcionaban, foi bastante incómodo. Logo xa me din conta de quen era o novo monitor e me acheguei a él para que me seguira explicando. Fixen un pouco de pernas (vou sobre todo polos nocellos) e por sorte tampouco acabei moi canso, porque non quero ter maniotas. O bo que ten ese ximnasio é que polo mesmo prezo tamén ten piscina, así que igual tamén me empapo algún día.

Polo demáis sigo sen máis novedades. Sigo alternando entre Linux e Windows no meu ordenador según me pete. A verdade é que estou desexando marchar xa de vacacións. Apetéceme estar tirado ao carón da praia sen facer nada, xogando co mobil as miñas partidiñas de xadrez e deixando que as rapazas anden por ahí xogando con novos amigos.

#Reflexión #Galiza

🗓️
26/05/2024

Bueno, creo que ao final vou dar o paso de apuntar a un ximnasio. Non o fago por mazarme, se non porque as dores que teño no lombo cada vez vais a máis. E sei que a orixe desta dor ven dos nocellos, así que tocar facelos fortes para que o resto do corpo esté ben. Ao final, non fun quen de convencer á miña dona para que veña conmigo ao ximansio pero espero que se anime máis adiante. Non a quero presionar con este tema, se quere vir pois pasarémolo ben xuntos.

Por outra banda, xa dei coa tecla para instalar Linux no meu ordenador. Custoume un pouco máis do esperado, pero xa teño un Ubuntu orientado ao gaming instalado. O que non me gustou é que non me fixo unha partición LVM así que se algún día dou o salto, quero volver a formatealo todo para que quede cunha partición LVM e todo ben. Non é que tivera ningunha necesidade de instalar Linux, pero tampouco de usar Windows. En todo caso, non o borrei. O Windows segue ahí para cando queira usar algún xogo o programa que non funcione, ou non funcione ben, en Linux. Ademáis, teño instalado o Project Zomboid e estouno a probar, porén, non instalei ningún xogo que sexa exixente tipo The Wither ou algo así. Pero teño a sensación de que non vai a ir tan ben como en Windows.

Laboralmente sigo igual que sempre. Esta semán teño guardia así que tocará durmir pouco.

#Reflexión #Galiza

🗓️
22/05/2024

Hoxe confirmei a miña teoría de que a rede social de Mastodon é moi boa. O respecto a interacción son moito mayores que na outra rede do paxariño. Hoxe preguntei por algún videoxogo o que me poidera enganchar e enseguida tiven un montón de respostas, o que volvo a agradecer a todos dende aquí. Coñecín algún xogo do que non sabía, e aínda que ao final decanteime polo Kenshi ao final non resultou ser un xogo que me enganchase tanto como parecía. É difícil empezar, os gráficos non son unha marabilla, aínda que polo menos está en castellano.

A miña búsqueda dun xogo que me atrape segue en pe.

#Reflexión #Galiza

🗓️
20/05/2024

Bueno, hoxe foi un día normal. Cansado despois de traballar porque ao final tantos días seguidos sen facelo (o venres foi festa) pois agora custa coller o ritmo de novo. Hoxe, no mastodon, descubrín o OwnCast que é para emitir en vídeo dende a tua propia plataforma. Non ten mala pinta, pero a verdade é que non me vería ninguén polo que non sei se tería moito sentido.

Aínda estou a pensarme se meterme no ximnasio. Non quero meterme e que logo me custe moito ir e deixalo. Debería ir, porque teño que exercitar os meus xeonllos para poder sentarme ben e que deixe de doerme as costas.

Por outra banda, hoxe empecei un novo proxecto en Godot pero non sei se serei quen de rematalo. A idea é facer algo parecido a un Dónde está Carmen Sandiego pero en versión galega, viaxando pola xeografía galega. A idea parecéme boa pero, como dixen, non sei se serei capaz de facelo.

#Reflexión #Galiza

🗓️
19/05/2024

E con esta entrada queda inaugurada o meu blogue. Agora xa é o final do día e a verdade é que estou bastante contento con como quedou esta páxina. Entendo que ao ser HTML puro pois é un poco máis complicado tela actualizada, porque é todo picar código e nin tan sequeira uso un editor WYSIWYG. Se alguén sabe dun que sexa bo e de código aberto encantaríame que mo dixera por Mastodon (enlace no footer)

Por outra banda hoxe é domingo e tampouco é que teña moito que contar. Teño pensado ir ao ximnasio a partires da semana que ven a ver se melloro un pouco o meu físico, porque estou a piques de chegar a unha idade que en canto mellor entres, máis tardas en caer.

#Reflexión #Galiza

🗓️
18/01/2024

Quizáis o tema é que non se me da ben esto de ser constante a hora de escribir cousas. Tamén pode ser que a miña vida seña tan aburrida que non teño nada intersante que contar. Cousas que pasaron neste mes de xaneiro:

  • Os Reis Magos trouxéronme moitas cousas. O que máis me gustou foi un google nest, unha pantalla con altofalante que uso como despertador. Agora podo poñer música scifi mentres leo.
  • A miña vista segue mal, bastante mal. O peor é que non hai unha solución barata para arranxalo. As lentes de contacto ríxidas custan un ollo da cara.
  • E creo que nada máis, ou non me lembro agora mesmo.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    24/12/2023

    Non me gusta o nadal. Para min, é a peor época do ano. A min gústame a rutina, facer as mesmas cousas os mesmos días, e o nadal e romper a rutina case cada día. Hoxe é festivo, mañán non, pasado si, agora fin de semana... Unha tolería. Non me sinto ben. Quero os meus horarios, as miñas ceas acougadas a mesma hora, estar durmindo a medianoite... E, ademáis, vai frío.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    20/12/2023

    Hoxe quitáronme por fin o último catéter que tiña dentro. Non vou negar que foi doloros e bastante noxento. Ademáis sentín como perdín toda a miña dignidade tendo que quedar espido de cintura para abaixo diante do médico e dúas mulleres máis. Comprendo que ten que ter así, pero non me fago a iso. Por sorte, se todo vai ben xa non volverei a pisar un centro médico en moito tempo. Agora mesmo xa so me doe ao mexar, porque ao quitarme o catéter pois é evidente que o pitiño agora está resentido. Nun par de días estarei mellor.

    Por certo, que levo un par de días enganchado ao Larry Suite wet dreams don't dry e xa non lembraba o difíciles que poden chegar a ser os click & point. Non deixo de quedar atascado cada pouco e cando resolvo algún puzzle e para volver a quedarme atascado outra vez.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    19/12/2023

    Levo moitos días sen actualizar pero é que tampouco teño ganas de facelo actualmente. Nos últimos días por fin quitáronme a nefrostomía do todo, así que agora xa ando sen bolsa e sen cables colgando. Aínda teño pendente a retirada dun catéter que teño dentro e que me está a molestar bastante, pero teño que ter paciencia polo menos ata mañá.

    Por outra banda, este fin de semana pasada tivemos competición de Taekwondo en Ourense e estivo moi ben, as rapazas fixéronno xenial. Iso si, papamos moito frío. Sobre todo no coche porque a calefacción aínda non lle funciona moi ben.

    Agora mesmo estou de vacacións, así que estou a aproveitar para ver algunhas películas e series que tiña pendentes. Onte vin Mission Impossible 1 e xa teño a dúas lista para ver cando poida. Tamén baixeo a primeira tempada de The Wire aínda que non sei se aguantarie para vela. Xa o intentei un par de vaces e nunca fun quen de pasar do primeiro capítulo.

    Xa para rematar, non sei se o comentei pero o outro día montamos uns estantes novos na cociña e tamén montamos a TV nova na parede do salón. O da cociña foi case todo ben. Ao final na ferretería recomendáronme uns tacos moito mellores que os que tiña. Paga a pena non ir a mercar cousas destas no chino. Respecto a TV, furei atravesando a parede, pero nada que non teña arranxo. Un pouco de aguaplast e xa quedaron os buratos tapados.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    10/12/2023

    Estou canso de traballar. Estou canso de facer guardias. Estou canso de por o traballo por enriba da familia. De que me chamen as 12 da noite, as 4 da madrugada e as 8 da mañá. Non deberiamos ter que traballar tanto para poder ter un salario digno.

    Por otra banda, a miña dona máis eu estamos a pensar en como aislar térmica y acústicamente un dos dormitorios. Finalmente, creo que imos poñer 2cm de corcho contra a parede e unha táboa de 1,5cm de agloremeado por diante. En teoría, o dormitorio quedaría ben aillado acústicamente e sobre todo térmicamente, porque é unha habitación que agora mesmo é moi fría e ten bastante humidade. Según o presuposto en Leroy Merlin, poderiamos ter todo o material por algo máis de 400 € Logo o tendremos que montar nos, que é o máis difícil dado que non temos moita experiencia en bricolaxe. Pero ben, o camiño faise andando.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    07/12/2023

    Pois nada, as rapazas levan dende o martes 5 fora de casa. Deunos moito medo, sobre todo a viaxe de ida porque foron ata Alacante do tirón e pola noite, así que tivemos medo de que lles fora a pasar algo. Agora xa están volvendo así que estamos máis tranquilos. A competición (Campionato de Españita) non lles foi mal. Non gañaron pero acadaron moita experiencia e o pasaron moi ben cos seus amigos do club. Ademáis, botáronnos moito de menos o que sempre está ben : ) Esperamos que a experiencia lles valiese para ser algo máis independientes e aprender a tomar decisión por elas mesmas.

    Por outra banda, nos estivemos solos en casa estos días. Unha sensación bastante rara porque ao terminar de traballar xa non tiñamos nada que facer en todo o día: non había rapazas a quen levar a algures, ou recoller, ou facer deberes. Pero, a verdade, xa temos moitas ganas de que estén aquí de volta e poderlles dar unha aperta moi grande.

    Este fin de semana non creo que fagamos nada especial. Onte chamáronme e xa o lunes vindeiro vanme facer a probar no ril. Se todo sae ben, poderei quitar a nefrostomía (supoño que o martes) De verdad, non sabedes as gañas que teño de quitarme esto. Mentalmente estou agotado de cargar coa bolsa a todas partes e co medo de darme tiróns ou que se infecte algo.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    03/12/2023

    Xa pasou o primeiro fin de semana de nadal. O sábado fun coa miña dona a Porriño a mercar unas táboas para facer uns estantes na cociña. A verdade é que non temos nin idea de obras, estantes, madeiras nin de nada, pero imos tirar adiante e a ver como sae. É decir, en principio non é máis que facer uns buratos co taladro na parede e listo, pero hoxe tiven pesadelos con que o estante era demasiado flouxo para todo o peso que lle queremos poñer enrriba (os robots de cociña que non usamos nunca) e teño medo de que caia todo enriba da TV, da mesa e de nos.

    Polo demáis todo segue igual que sempre. O domingo pola mañá tiven moita dor de ril pero por sorte pasouse cun calmante. Despois fumos tomar un café cos meus pais, o que sempre é ben. Aínda que non falemos de nada importante é importante vernos de cando en vez.

    E nada, xa empeza outra semana. A ver como vai.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    30/11/2023

    A verdade é que empezo a estar bastante canso mentalmente desta nefrostomía. Estame a agotar. É un auténtico coñazo ter que andar coa bolsa a todas partes e durmindo solo dun lado. En fin. Non sei a que esperan para chamarme e darme a cita para a proba que me teñen que facer. Aínda verás que saldrá mal e terei que estar un mes máis con esta colita colgando. Mátome.

    Non hai máis novedades na miña vida.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    28/11/2023

    Vale, sei que levo unos cantos días sen actualizar, pero é que na miña vida pasou a cantidade de cero (0) unidades de cousas. Ao final, o que estou a facer e levantarem de cama, traballar, ver a nova TV e durmir. E ollo, que tampouco é cousa doada.

    Boto en falta a miña instancia persoal de ActivityPub (Firefish) pero non son quen de recuperala. E ademáis, xa me está a dar toda a pereza do mundo volver a ter o ordenador acendido 24x7, sen SAI e sen backup. Se perdo o tempo recuperándola agora estou seguro de que tarde ou temprano volverá a pasarme o mesmo. Mellor deixalo como está e deixar os servidores os que teñen tempo e recursos para atendelos.

    Por outra banda non teño máis novidades. Sigo coa nefrostomía e con pouca paciencia con ela. Aínda non me chamaron para a probar e xa verás como ao final non me chaman ata o último día. Paciencia.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    24/11/2023

    Hoxe non fixen nada especial. A traballar toda a mañá. Os venres non traballo pola tarde así que estiven a probar a TV nova, que aínda non lle saquei todo o proveito. Onte téñenme que chegar un cable HDMI que espero que teña pouca latencia, e o un control remoto para o audio, xa que de agora non lle funcionan os botóns.

    Pola tarde fomos o centro comercial a vender rifas coas nenas a nos atopamos co meu cuñado. E logo nada, xa para casiña.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    23/11/2023

    Hoxe tiven que volver a urxencias por dor no ril. Pero vamos, que me fixeron unos análises que estaban ben e que se tiña dor podría ser normal por todas as cousas que teño metidas agora mesmo. Calmantes e para casa. Logo recolleume o meu pai e fomos a recoller a miña sobriña que tiña adestramento. Non estivo mal o día, pero preferíría non ter máis dor.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    21/11/2023

    Hoxe entregáronme a TV nova e non se me ocorreu mellor serie para estrenala que con "Se ha escrito un crimen" de Jessica Fletcher. 55 pulgadas de TV ver unha serie en 4:3 con resolución de 500 e pico ahaha. O punto é que quizáis a TV sirva para empezar a pasar máis tempo sentado no sofá ao carón da miña dona en vez de sentado na silla do ordenador. Veremos.

    Por outra banda, sigo coa nefrostomía e a verdade é que se me está a facer algo pesado esto. Non doe, pero é un coñazo cargar coa bolsa por tódalas partes e sempre teño risco de que se me solte ou lle pase algo á bolsa.

    Quero recordar un pouco un resumo do que me pasou as últimas dúas semanas:

    • Estiven ingresado no hospital 8 días.
    • 12 horas en urxencias (foron duras, as peores)
    • Unha operación no ril.
    • Unha nefrostomía (que aínda levo e levarei un par de semanas máis)
    • Rompeuseme a pantalla do mobil.
    • Rompeuseme a TV do salón.
    • Fellecemento do meu cuñado.

    Bueno, espero que xa esté ben polo de agora. A verdade é que está sendo un fin de ano duro. Pero hai que tirar adiante. Agora xa estou a traballar de novo xa que pedín a alta voluntaria, así que vendrá moi ben recuperar a rutina pouco a pouco. Sen esquecer a miña irmá, coa que falo todos os días, aos meus pais e por suposto a miña dona. A todos os quero infinito.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    20/11/2023

    O enterro xa acabou e foi tan duro como cría que ía ser. Porén, creo que a nosa familia quedou máis unida agora. Agora queda, se cadra, o máis difícil, que é continuar as nosas vidas sin él. Ogallá poidera axudar máis á miña irmá. Agora mesmo teño moitas gañas de decirlle a toda a miña familia que a quero moito

    Por outra banda, ao despertar hoxe atopamos o TV do salón no chan. Así que a noite, ao volver do enterro, mercamos unha tele nova de 55" no Star de aquí cerca. A traen mañana pola tarde, así que temos que esperar un pouco a ver como queda. A verdade, non é que nesta casa vexamos moito a tele pero o salón parece máis baleiro (demasiado) sin él. O modelo que escollimos foi o TX-55MX710E e custounos 399€ + 24€ por traela e montala en casa.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    19/11/2023

    Onte morreu un dos meus cuñados. E foi duro, moi duro. Unha boa bofetada de realidade. Sabiamos que nalgún momento tiña que ocorrer, pero creo que sempre tiñamos algo de esperanza en que o final fora outro. Aínda non o creo do todo.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    18/11/2023

    Pois levo un tempo sen actualizar o blogue, pero teño desculpa. A semana pasada tiña unha interevención quirúrxica sinxela, a priori, que foi mal. Un dos puntos que me deron no ril soltouse, ou puxeron puntos de menos, quen sabe, porque o doutor non dou explicación ningunha. Así que, unha vez dado de alta, tiven que volver por urxencias e quedarme ingresado 5 días máis. O consecuencia do punto solto foi que o ril tiña unha fuga de orina por todo o vientre, barriga, etc... Pasino mal, moi mal, con moita dor que tardou moitas horas en irse e que precisou doutra intervención para arranxalo. Agora, teño que estar un mes cunha nefrostomía. É un tubo que sae do meu ril hacia o exterior a través das miñas costas e deposita a orina nunha bolsa que teño aos meus pes. En fin, un caos.

    O luns xa volvo a traballar e polo menos terei a cabeza un pouco máis ocupada e olvidareime de todo este pesadelo.

    Por certo, non esquecerei nunca a miña experiencia de 12 horas en urxencias. Con nula privacidade, escoitando berros, queixaduras, xente que estaba sola, xente con problemas mentais... Tamén aos que foron os meus compañeiros de habitacións, os únicos que nos chamabamos polos nosos nomes. Porque para o persoal sanitario non éramos máis que un número de habitación cun número de cama.

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    05/11/2023

    Ocorréuseme un xogo que podería estar ben. Trátase dun "organizador de tráfico". É decir, por exemplo tes un mapa en 2D onde ao darlle ao Play aparecen coches facendo unha ruta para chegar ao seu destiño. Entón, atascan. Tes que darlle a stop e poñer unhas sinais dadas no sitio correcto para que os coches o respeten e poidan chegar au seu destiño sen atascar e sen chocarse.

    A parte mala é que non teño demasiados coñecementos de Godot como para facelo, tería que aprender demasiado e non teño tanto tempo libre. Pero bueno, a idea está ahí, todo é darlle unha volta.

    Por outra banda, o día de onte non estivo tan mal. Pasámalo ben coas rapazas nos combates. O pavillón gustoume bastante, creo que é un dos mellores nos que estivemos en tódalas competicións. Falo do pavillón municipal de Pontevedra, ao carón do estadio de Pasarón. É certo que chegamos moi cansos a casa, e demasiado tarde para o meu gusto. Pero pasar o día en familia sempre é ben.

    Onte, ao chegar a casa, puiden ver na tele un pouco da final dos Libertadores entre Boca e o Fluminense no que gañaron os brasileiños. Nunca vira unha final deste torneo, así que... podemos decir que Logro Desbloqueado ;)

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    04/11/2023

    Hoxe temos que viaxar a Pontevedra para unha competición. Non teño moitas ganas de ir, pero espero ao menos que as nenas gañen algunha competición. Oxalá o tomasen máis en serio.

    Ademáis vai ser especial porque a súa nai non vai poder estar pola mañá polo seu traballo. Achegarase á tarde

    #Reflexión #Galiza

    🗓️
    03/11/2023

    Boas tarde. Este é un diario online persoal sen ningunha pretensión de ningún tipo. Empecei este blogue porque tiña ganas de ter un feito coa mínima programación necesaria. Non quería ter un wordpress cheo de cousas e que a web tardase un século en cargar.

    Aínda non sei o que vou escribir aquí. Seguramente faga unha mezcla de todo o que se me vaia pasando: programación, cousas persoais, algún relato solto, etc.

    Polo de pronto, esta é a primeira entrada.

    #Reflexión #Galiza