Hogar (2020)
A min gústame o cine español, en xeral. Creo que saíndo das típicas películas que todos coñecemos, ahí detrás hai moitas cousas boas agachadas. Unha delas pode ser Hogar, de Álex Pastor e protagonizada por Javier Gutiérrez.
A película trata de Javier, un publicista da vella escola que queda sen traballo e perde o seu estatus social. A familia vese obrigada a abandoar o seu piso de luxo para ir a un piso dun barrio obrerio. Porén, Javier non olvida o seu antigo piso e o visita a menudo. A través del, intentará recuperar o seu antigo estatus social custe o que custe e por enriba de quen sexa.
Pareceume unha película bastante interesante e foi curioso ver como o protagonista vai tendo todo pensado e planeado, solvetando os pequenos atrancos que se lle aparecen. A súa capacidade para improvisar tamén é sorprendente.
En canto os actores, Javier Gutiérrez non defrauda como actorazo que é, acompañado de Bruna Cusí e Ruth Díaz. O outro protagonista, Mario Casas, é quizáis o que máis coxea na interpretación, notándoselle moita distancia respecto aos seus compañeiros de reparto. Teño que engadir que eu non sabía que era Mario Casas ata que terminou a película e vin os créditos, pero xa en canto o escoitei falar a primeira vez notei que ahí algo "chirriaba".
Unha boa película para ver un domingo pola tarde e descubrir algo do cine español interesante.
- Título: Hogar
- Ano: 2020
- País: España
- Dirección: Álex Pastor, David Pastor
- Protagonistas: Javier Gutiérrez, Mario Casas, Bruna Cusí, Ruth Díaz
- Dispoñible en: Netflix