La larga marcha - Stephen King
Breve sinopse
Cen rapaces entran, voluntariamente, a participar nun programa tipo "reality" no que teñen que camiñar sen deterse e sen recibir axuda externa máis alá de auga que reciben da organización e de comida que tamén reciben tódolos días ás 9:00 AM. Os participantes teñen que camiñar sen baixar de certa velocidade ou reciben un aviso. Despois do terceiro aviso, son eliminados cun disparo. A carreira termina cando só queda un participante, quen pode pedir o que queira como premio.
Opinión
O libro chamou a miña atención cando descubrín que ían facer unha película que sairá este ano 2025. A historia non ten grandes xiros argumentais, senón que é unha viaxe a través das mentes dos participantes. Dende a lucidez absoluta ata a desviación total e alucinacións. Ao comezo reina o convencemento persoal de cada participante de que vai gañar e, polo tanto, ninguén ten medo a morte. Porén, cando a marcha vai avanzando se decatan de que quizais non o consigan. Chama a atención a aceptación da morte como fin inevitable e o que levou a cada un dos participantes a anotarse nesta marcha voluntaria. Unha análise da sociedade como consumidora de vidas e os seus espectadores cómplices da crueldade.
Valoración final
O libro é de lectura fácil, non se fai pesado nin repetitivo. Pese a que toda a historia transcorre nunha estrada e non hai cambios de escenario, o peso forte está nas conversas entre os participantes, o trasfondo de cada un deles e a decisións polas cales decidiron meterse na gran marcha de forma voluntaria. É un bo primeiro libro para meterse no xeito de escribir de Stephen King.